Eme dj
Marta Fierro, máis coñecida como EME DJ, é unha das picadiscos máis importantes na escena indie-disco en España. En 2010, 2011 e 2014 foi recoñecida como Mellor DJ Nacional pola revista Rockdelux, colleitando tamén outros premios que a colocan no top nacional da última década.
Compaxina diversas actividades musicais (radio, produción, masterclasses e obradoiros de DJ…) namentres viaxa coa súa maleta de discos por todos os clubes, eventos, e festivais do país e do estranxeiro; xa pinchou no FIB, no Sónar, o BBK, o Sonorama, nos MTV Europe Music Awards, ou no SOS 4.8, entre moitos outros.s.
Hiperactiva e inqueda por natureza, ademais de publicar seis EPs de colleita propia, ten realizado remixes e producións para diferentes artistas, e saiu tamén do eido musical, publicando en 2015 o libro “Mamá quiero ser DJ”, editado por “Lee/me Libros”.
Os sets de EME están repletos de diversión i eclecticismo, son saborosos, explosivos e alegres, como o viño que maridará coa súa pinchada en Costeira Sonora.
www.emedj.com