O ESPAZO

O Pazo de Toubes

O Pazo de Toubes, unha xoia do século XVIII que restauramos recentemente, servirá como marco de excepción para acoller a aventura enomusical de Costeira Sonora.

O seu emprazamento privilexiado, en pleno corazón do Ribeiro, a douscentos metros de altitude sobre a confluencia entre os ríos Miño e Avia, e arroupado por preto de nove hectáreas de viñas, permitirá que ademais da maridaxe entre viño e música, Costeira Sonora che seduza tamén a través da paisaxe, a través da vista.

Lembra que debido á limitada capacidade das vías que chegan ao pazo, chegar en coche a Costeira Sonora non será posible, e o acceso estará restrinxido á organización. É por isto que se habilitará un servizo de lanzadeiras gratuítas desde a contorna para quen teña a súa entrada para acudir ao evento.

Ademais queremos facilitar os desprazamentos seguros e se vés a Costeira Sonora desde Ourense, ofrecémosche conexión directa e xa te esqueces do coche. Por só 5 euros máis, coa entrada ao evento podes reservar transporte de ida e volta desde a capital á porta mesmo do Pazo de Toubes.

Ver plano do recinto >
MERCAR BILLETES